As especies do xénero Enchelycore son moreas xeralmente pequemas ou medianas. O seu corpo é alongado, xeralmente de cor parda, gris o negra e branca. A maioría teñen un tamaño que varía entre os 61 e os 91 cm, sendo a máis grande Enchelycore ramosa, que alcanza unha lonxitude media de 150 cm.[3]
Os membros do xénero caracterízanse por teren un carácter distintivo, as súas mandíbulas están curvadas, o que lles impide pechar completamente a boca, pero lles axuda na captura e suxeición das súas presas.
Algunhas especies presentan cores moi brillantes (E. pardalis, E. anatina) e marcas rechamantes (E. lichenosa).
Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8,
McCosker, John F., Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., eds. (1998): Encyclopedia of Fishes. San Diego, EE.UU.: Academic Press. ISBN 0-12-547665-5.
Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. New Yorh: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.