Enciclopedia Universal Micronet

A Sibila Délfica, fresco de Miguel Ángel na Capela Sistina, é a imaxe da portada da Enciclopedia Universal Micronet.

A Enciclopedia Universal Micronet é unha enciclopedia en castelán, de temática universal, en soporte dixital (DVD) para sistemas operativos Windows, editada pola compañía española de software Micronet.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Publicada dende 1995, acadou a 23ª edición (agosto de 2012) con máis de 185.000 artigos.[1] Valorada pola prensa especializada como unha das mellores enciclopedias multimedia editadas en castelán,[2] o equipo editorial está composto por máis de 600 especialistas.

Está organizada en canles temáticos de Arte e Literatura, Ciencias da vida, Ciencia e Tecnoloxía, Deportes e Tempo Libre, Humanidades, e Sociedade. Inclúe dicionario, efemérides, anuario e atlas anatómico.[3]

Contén 53.000 biografías, 100.000 artigos científicos, técnicos, de arte e humanidades, 15.000 imaxes, 25.000 termos xeográficos, 1.700 arquivos sonoros e 400 vídeos e animacións interactivas.[4]

  1. PC Actual (24 de febreiro de 2011). "Todo el conocimiento con Micronet Enciclopedia Universal" (en castelán). Consultado o 27 de maio de 2013. 
  2. Ediciona, la web de los profesionales del mundo editorial. "Enciclopedia Universal Micronet" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2015. Consultado o 27 de maio de 2013. 
  3. LaInformacion.com (28 de agosto de 2012). "Nueva Enciclopedia Universal Micronet: la obra de consulta más extensa y rigurosa en Español" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2015. Consultado o 27 de maio de 2013. 
  4. Micronet.es. "Ficha de la Enciclopedia Universal Micronet" (PDF) (en castelán). Consultado o 27 de maio de 2013. [Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]