Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido |
Morte | século XI Reino de León |
Actividade | |
Lugar de traballo | Tábara (pt) |
Ocupación | iluminador, monxa |
Período de actividade | 950 - 1000 |
Ende ou En é a primeira muller iluminadora de manuscritos cun traballo documentado mediante a inscrición ENDE PINTRIX ET D(E)I AIUTRIX no colofón do Beato de Xirona.[1] A maior parte de información sobre ela procede das incricións na súa obra, e non se conservan outros rexistros.[2] O seu período de vida non se coñece, mais pode asumirse pola inscrición no Beato: AD 975.[3] O apelativo de “dei aiutrix” (axudante de Deus) alude ao feito de que probablemente fose unha monxa.[1] Distínguense varios autores nos manuscritos: o escriba xefe foi un sacerdote chamado Senior. Os historiadores tamén atribuíron elementos dos manuscritos a Emeterius, xa que o seu estilo é comparable a un traballo previo asinado.[1] Non obstante, en base ao estilo da pintura, algúns teóricos conclúen que case todas as ilustracións foron completadas por Ende.[4]
Ende traballou no códice do século X coñecido como Beato de Xirona,[5] xunto co monxe Emeterius. O códice inclúe o Comentario sobre o Apocalipse do monxe Beato de Liébana, do que se coñecen 26 copias ilustradas, xunto co comentario de Xerónimo sobre o Libro de Daniel.[1] O Beato de Xirona probablemente foi creado no mosteiro de Tábara,[5][1] sendo completado o 6 de xullo de 975.
As iluminacións ilustran a visión apocalíptica de San Xoán no Libro da Apocalipse en estilo mozárabe.[6] Este estilo desenvolveuse na península Ibérica trala invasión musulmá, incluíndo elementos da arte islámica, particularmente con énfase na xeometría, as cores ricas e as figuras estilizadas.[6]
Existe debate sobre se Ende realizou a maioría do traballo ou se estaba alí para axudar a Emeterius co que se consideraba habilidades femininas, como a decoración e as imaxes delicadas.[1] Sábese que Emeterius traballou nunha versión previa do Beato coñecido como Beato de Tábara. Porén, as comparacións entre os estilos de ilustración dos dous códices amosas diferenzas consistentes.[7] Destácase que Ende parece facer uso frecuente dos fondos estratificados: divídeo en ceo, o horizonte do mundo humano e o nivel do chan do mundo. Ademais, as cores do Beato de Xirona son máis intensas que as de Tábara, cun uso significativo do amarelo, o azul escuro e o laranxa.[7]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ende |