English Baroque Soloists

English Baroque Soloists
Na rede
https://www.monteverdi.co.uk/
Spotify: 3OtZV9aCZ6G004vjOQcf59 Last fm: English+Baroque+Soloists Musicbrainz: bae23557-5de4-4510-9234-caea078c34b4 Songkick: 59152 Discogs: 836156 Allmusic: mn0000495500 Editar o valor en Wikidata

Os English Baroque Soloists (en galego, Solistas Barrocos Ingleses, e abreviado EBS) son unha orquestra de cámara inglesa creada en 1978 polo director de orquestra inglés Sir John Eliot Gardiner. Esta orquestra toca instrumentos de época e o seu repertorio abrangue dende os primeiros compositores barrocos ata o período clásico. En 1982 creou co Monteverdi Choir a ópera les Boréades de Rameau. No ano 2000, con motivo do 250 aniversario da morte de Johann Sebastian Bach, a orquestra interpretou a integral das cantatas de Bach. As gravacións foron lanzadas polo propio selo de Sir John Eliot Gardiner Soli Deo Gloria.

A orquestra ten gravado sobre todo co selo Archiv Produktion e Philips Classics. Soli Deo Gloria é un novo selo discográfico creado por John Eliot Gardiner, asociado co Monteverdi Choir e os English Baroque Soloists adicado ás gravacións realizadas durante a Bach Cantata Pilgrimage.

Discografía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Monteverdi Choir.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]