![]() ![]() | |
Nome orixinal | (ja) 円仁 ![]() |
---|---|
Nome póstumo | 慈覚大師 e 慈覺大師 ![]() |
Biografía | |
Nacemento | 793 (Gregoriano) ![]() Tsuga district, Xapón (en) ![]() ![]() |
Morte | 24 de febreiro de 864 (Gregoriano) ![]() |
Tendai-zasu (en) ![]() | |
854 – ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | 天台宗 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | bhikkhu, escritor ![]() |
Profesores | Saicho (pt) ![]() ![]() |
Participou en | |
630 | Japanese missions to Tang China (en) ![]() ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Familia | Mibushi (en) ![]() ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
Ennin (en xaponés: 圓仁 ou 円仁), máis coñecido no Xapón polo seu nome póstumo Jikaku Daishi (en xaponés: 慈覺大師), nado en Mibu (prefectura de Tochigi) contra o 793 e finado en 864, foi un monxe budista da escola tendai, así como o seu terceiro zasu (en xaponés: 座主; "Xefe da orde tendai"). Ennin contribuíu de maneira decisiva á expansión da rama tendai. Tamén importou novos recursos e prácticas de ensino da China, en especial os adestramentos do budismo esotérico e as ensinanzas da terra pura.
Ennin naceu en Mibu, na actual prefectura de Tochigi. Aos 14 anos, ingresou no templo Enryaku-ji do monte Hiei, preto de Kyoto.
En 838, formou parte da misión diplomática de Fujiwara no Tsunetsugu á corte imperial da dinastía Tang. A viaxe á China foi o comezo dunha serie de problemas e aventuras que Ennin describiu no seu diario.[1][2] Nel detállase o funcionamento do goberno chinés, que mantiña un control férreo e eficaz do estado e das súas provincias, malia atoparse a dinastía nun período de declive. O texto fala tamén de asuntos relixiosos e comerciais. Ennin permaneceu en Xi'an durante un lustro.[3]
Nun primeiro momento, estudou con dous mestres e pasou algún tempo no Wutaishan, unha cordilleira situada en Shanxi famosa pola gran cantidade de templos que alberga. Alí aprendeu o go-e nembutsu e outras prácticas budistas. Posteriormente viaxou a Chang'an, a capital dos Tang, onde foi iniciado en varias correntes. Tamén viaxou en barco polo Gran Canal da China.
A estancia de Ennin na China coincidiu co reinado do emperador Wuzong, contrario ao budismo, que ascendeu ao trono en 840. Xa que logo, debido á gran persecución contra os budistas ocorrida entre 842 e 846, foi deportado do país. Regresou ao Xapón en 847.
En 847 volveu ao Xapón. En 854, converteuse no terceiro líder da seita tendai do templo Enryakuji. Ennin construíu varios edificios para gardar os sutras e outros obxectos relixiosos traídos da China. A súa dedicación á ampliación do complexo monástico de Enryakuji contribuíu á preeminencia da escola tendai no Xapón. Malia os seus esforzos para reforzar a tradición tántrica dentro do tendai, tamén introduciu as prácticas de recitación ou nembutsu, abrindo o camiño para a fundación dos movementos da terra pura durante o período Kamakura (1185-1333).[4]
Ennin escribiu máis de cen libros. O diario das súas viaxes pola China é a súa obra máis coñecida. Trátase dun dos textos máis representativos da literatura de viaxes, e constitúe unha importante fonte de información sobre a vida na China dos Tang e no reino coreano de Silla. Así mesmo, contén descricións da personalidade de Jang Bogo.