Enola Holmes 2 | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Enola Holmes 2 |
Director | Harry Bradbeer |
Produtor |
|
Guión | Jack Thorne |
Baseado en | The Enola Holmes Mysteries de Nancy Springer |
Intérpretes |
|
Música | Daniel Pemberton[1] |
Fotografía | Giles Nuttgens |
Montaxe | Adam Bosman |
Estudio |
|
Distribuidora | Netflix |
Estrea | 4 de novembro de 2022 |
Duración | 129 minutos |
Orixe | ![]() ![]() |
Xénero | Misterio |
Filme anterior | Enola Holmes |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Enola Holmes 2[2] é un filme británico-estadounidense de 2022 dirixido por Harry Bradbeer. É a secuela do filme de 2020 Enola Holmes, que tamén está protagonizado por Millie Bobby Brown, que interpreta á irmá adolescente do famoso detective vitoriano Sherlock Holmes. O guión foi escrito por Jack Thorne e baséase na novela The Enola Holmes Mysteries de Nancy Springer. O resto do elenco está composto por Henry Cavill, Louis Partridge, Susie Wokoma, Adeel Akhtar e Helena Bonham Carter nos seus papeis do filme anterior, xunto con David Thewlis e Sharon Duncan-Brewster como as novas incorporacións.
A rodaxe comezou en outono de 2021 e rematou en xaneiro de 2022. Enola Holmes 2 estreouse o 4 de novembro de 2022 a través de Netflix, onde conta con versión subtitulada en galego.[3] O filme recibiu valoracións positivas por parte da crítica.