Enterococcus faecium | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Enterococcus faecium (Orla-Jensen 1919) Schleifer & Kilpper-Bälz 1984 |
Enterococcus faecium é unha especie bacteriana grampositiva, alfa-hemolítica ou non hemolítica do xénero Enterococcus.[1] Pode ser un comensal inocuo que vive no intestino humano, pero pode tamén ser patóxena, causando doenzas como a meninxite neonatal ou endocardite.
Hai cepas resistentes á vancomicina. Os E. faecium resistentes á vancomicina coñécense coas siglas VRE (do inglés).[2]
Algunhas cepas de E. faecium utilízanse como probióticos tanto en animais [3] coma en humanos.[4]
Os xenomas que figuran a continuación proceden da páxina web Integrated Microbial Genomes.
Algúns dos 22 xenomas secuenciados de Enterococcus faecium
Cepa | ST | CC17 | País | Ano |
---|---|---|---|---|
1,231,408 | 582 | Si | ||
1,231,501 | 52 | Non | ||
Com15 | 583 | Non | Estados Unidos (MA) | 2006 |
1,141,733 | 327 | Non | ||
1,230,933 | 18 | Si | ||
1,231,410 | 17 | Si | ||
1,231,502 | 203 | Si | ||
Com12 | 107 | Non | EUA (MA) | 2006 |
O antibiótico linezolid ou a daptomicina utilízanse para tratar infeccións por VRE. As estreptograminas, como quinupristina/dalfopristina, poden tamén usarse para tratar infeccións por VREs. Tamén se poden tratar con sultamicilina.[5]
Sadowy, E; Luczkiewicz, A (14 March 2014). "Drug-resistant and hospital-associated Enterococcus faecium from wastewater, riverine estuary and anthropogenically impacted marine catchment basin.". BMC microbiology 14: 66. PMID 24629030. doi:10.1186/1471-2180-14-66. Consultado o 12 November 2014.