Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2014.) |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A enterocolite necrosante ou necrotizante (ECN) é unha doenza tipicamente pediátrica que afecta aos acabados de nacer. Constitúe a enfermidade dixestiva máis frecuente no neonato, e a urxencia dixestiva que máis adoita desembocar en coidados intensivos. Trátase dunha condición moi grave, con taxas de mortalidade e de hospitalización elevadas, preto do 30%. Esta doenza é tanto máis frecuente canto maior prematuridade presente o bebé.
A enterocolite caracterízase por unha falta de maduración do aparello dixestivo, que condiciona unha isquemia intestinal e unha inflamación. Ademais, prodúcese un sobrecrecemento bacteriano que pode dar lugar a unha sepse, un shock e mesmo até producir a morte.
A sintomatoloxía da ECN caracterízase pola presenza tanto de síntomas dixestivos coma sistémicos. O síntoma que máis se adoita producir é a dor e a distensión abdominal. Tamén é frecuente atopar sangue oculta nas feces, vómitos edema da parede abdominal ou aumento do residuo gástrico.
Como síntomas sistémicos, destacan a bradicardia, as apneas, a letarxia e a síndrome de distrés respiratoria.
Existe unha forma moi grave denominada enterocolite fulminante, que ten un comezo brusco, con rápida progresión cara á afectación multisistémica, o shock, a coagulación intravascular diseminada e eventualmente a propia morte.
O diagnóstico da ECN establécese segundo os criterios de Bell. Así, para diagnosticar a un nadón desta condición, cómpre que se dean as seguintes condicións: