Enxeñaría financeira

Enxeñería financeira ou finanzas computacionais é un campo no que se mesturan diversas disciplinas como as matemáticas financeiras, os métodos numéricos e a simulación por ordenador para tomar decisións de investimentos, cobertura de riscos e facilitar a xestión do risco das decisións tomadas. Utilizando diferentes métodos, os profesionais desta especialidade tentan determinar os riscos financeiros dos produtos que eles crean.

Áreas de aplicación

[editar | editar a fonte]

Algunhas das áreas nas que as técnicas de enxeñería financeira se empregan son:

Enxeñeiros financeiros

[editar | editar a fonte]

Algunhas das persoas que máis contribuíron ao campo son:

Normalmente, as persoas que desempeñan traballos neste campo son coñecidos como analista cuantitativos ou ‘'quants’’. Os coñecementos mínimos que se necesitan para poder aspirar a un traballo como analista cuantitativo son, entre outros, programación en C++ e matemáticas, e en particular nos campos do cálculo estocástico, cálculo multivariante, álxebra, ecuacións diferenciais, teoría da probabilidade e inferencia estatística. A linguaxe C++ converteuse na linguaxe dominante por dous motivos: a natureza computacionalmente intensiva de moitos algoritmos e o enfoque a librerías máis que a aplicacións.

Os postos de enxeñeiro financeiro foron tradicionalmente ocupados por doutores en finanzas, físicas e matemáticas que se pasaron a este campo dende postos máis académicos. Non obstante, na actualidade unha formación en informática é tamén útil.

Hoxe en día, moitas entidades financeiras contan con profesionais da enxeñería financeira nos seus cadros de persoal. Moitas empresas contan cuns poucos empregados, pero outras poden chegar a ter milleiros de profesionais especializados. JPMorgan Chase & Co. foi unha das primeiras firmas en crear un negocio de derivados extenso e empregar enxeñeiros financeiros.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]