Epifanía | |
---|---|
Artista | Michelangelo |
Data | aprox. 1550-1553 |
Dimensións | 232 cm × 165 cm |
Localización | Museo Británico (Londres) |
Epifanía é un debuxo en carbón do artista do renacemento italiano Michelangelo, datado de arredor de 1550-1553. Está feito sobre vinte e seis láminas de papel cunhas dimensións de 232 cm de altura por 165 cm de lanrgura. O debuxo consta de cinco personaxes principais (a Nai de Deus co Neno Xesús, Xosé de Nazaret, Xoán o Bautista e unha figura sen identificar) con outras figuras menos definidas no fondo da obra. O debuxo pasou polas mans de diversos propietarios, o derradeiro deles, o escocés John Malcolm of Poltalloch, mercou por só 11 libras e 6 peniques. O seu fillo, John Wingfield Malcolm, doouno ó Museo Británico no ano 1893, onde se conserva na actualidade.[1][2]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Epifanía |