Escalo | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Squalius carolitertii Doadrio, 1988 | |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
Leuciscus carolitertii Doadrio, 1988 |
O escalo (Squalius carolitertii, Doadrio 1988; antes Leuciscus carolitertii) é un peixe de augas doces propio dos ríos do noroeste de España e norte de Portugal. Pertence á familia Cyprinidae, da orde dos cipriniformes.
O epíteto específico do nome científico (carolitertii) déuselle en honor do rei Carlos III de España.
É un peixe de tamaño mediano, con talles máximos de 25 cm de lonxitude. Corpo alongado e fusiforme, cabeza ancha e grande, con dúas series de dentes farínxeos
Ten unha aleta dorsal curta e alta, con 3 raios simples e 7-9 raios ramificados, situada á altura da aleta pelviana ou algo posterior. Liña lateral lixeiramente curva.
A cor é marrón agrisada ou verdosa, con reflexos; os flancos amarelos ou verdosos e o ventre prateado. Unha banda negra pouco aparente percorre os flancos.
É unha especie endémica do noroeste da Península Ibérica, estando presente nos ríos Douro, Texo, Miño, Umia, Lérez e Mondego, así como nos seus afluentes. En Galicia é pouco abundante.
Aliméntase de altas e pequenos invertebrados.
Segundo Eladio Rodríguez, é "inferior a ésta [á troita] en calidad de su carne. En algunas comarcas se llama CABEZUDO". E engade: "Dice Cuveiro en su Diccionario que donde hay escalos no se ve una trucha; según Cornide, el ESCALO parece ser el ANDURIÑO; y no faltan quienes crean que el ESCALO puede ser una variedad de la carpa". O anduriño é a cría do salmón.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Escalo |