Escrache

Cartel da Plataforma de Afectados pola Hipoteca.

Un escrache é un tipo de manifestación na que un grupo de activistas se dirixe ó domicilio ou posto de traballo de alguén ó que se quere denunciar. Ten como finalidade facer visíbeis ante a opinión pública os feitos denunciados ou a actitude tomada polo denunciado ante o feito concreto, xa sexa por acción ou por omisión. Normalmente trátase dunha denuncia popular contra persoas acusadas de violacións ós dereitos humanos ou de corrupción, e adóitanse facer actos como sentadas, cánticos, pintadas ou carteis diante do seu domicilio particular ou en lugares públicos.

Este tipo de manifestacións téñense usado en países de América do Sur como a Arxentina ou Chile. Utilízase como unha forma protesta, e ás veces, de intimidación e acoso público, e nalgúns casos téñense producido actividades violentas[Cómpre referencia].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]