En botánica, a espata é unha bráctea ampla ou un par de brácteas que envolven a inflorescencia ou o eixe florífero.[1][2]
O termo deriva do latín spatha, e este do grego antigo σπαθή spathḗ, "hipsofilo da palmeira".[3][2]
A inflorescencia está envolvida por unha espata, a miúdo moi grande e vistosa, coloreada de vivs cores ou, ás veces, completamente branca. A espata pode ser monofila ou difila, é dicir, pode estar constituída por unha ou por dúas brácteas.[2]
A espata aparece nalgunhas monocotiledóneas con inflorescencia de tipo espádice, como nas familias das aráceas e as arecáceas (palmeiras).
Nas palmeiras a espata es a miúdo de consistencia bastante dura. Nas aráceas a espata adoita presentar unha aparencia petaloidea, facendo que toda a inflorescencia teña a aparencia dunha soa flor.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Espata |