Esquines de Esfeto

Modelo:BiografíaEsquines de Esfeto

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Αἰσχίνης Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 430 a. C. Editar o valor en Wikidata
Sphettos (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mortec. 360 a. C. Editar o valor en Wikidata (69/70 anos)
Atenas, Grecia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía e filosofía antiga Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Grecia Antiga Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAntigüidade clásica Editar o valor en Wikidata
ProfesoresSócrates Editar o valor en Wikidata
AlumnosXenócrates (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1308588

Esquines (en grego Αἰσχίνης) foi un filósofo ateniense discípulo de Sócrates. Adóitase chamar Esquines o Socrático, para o diferenciar do político e orador Esquines de Atenas, que é moito máis coñecido. Era orixinario do demo de Esfeto.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Segundo Dióxenes Laercio, era fillo dun vendedor de salchichas ou, segundo outros, de Lisanias. Era amigo de Sócrates a través da súa familia, e o gran filósofo apreciábao. Dióxenes tamén di que foi Esquines, e non Critón, quen se ofreceu a axudar a Sócrates a escapar da prisión.

A maior parte da súa vida pasouna nunha gran pobreza, e Sócrates aconselloulle que tentase non pedir diñeiro prestado e reducir as súas necesidades diarias. Despois da morte de Sócrates, segundo Ateneo de Naucratis, abriu unha tenda de perfumería con diñeiro prestado, pero, arruinado, viuse obrigado a abandonar Atenas.

Probabelmente por necesidade, seguiu o que facían os filósofos daquela e foise a Siracusa onde a súa amizade con Aristipo o consolou do desprezo de Platón. Viviu na illa ata a caída de Dioniso o Mozo, cando regresou a Atenas. Alí considerou inútil competir cos seus grandes contemporáneos e abriu unha academia privada. Os discípulos de Platón mofáronse del chamándoo sofista porque cobraba as leccións que daba. Escribiu diálogos, como facía Platón, onde Sócrates era o orador principal. Na súa época considerábase que as escribía con moita precisión, explicando con claridade as ideas do mestre. Crese que estes diálogos expresaban as súas propias experiencias con Sócrates.

Chegaron ata hoxe os títulos e algúns fragmentos de tres diálogos que se lle atribúen, pero non parecen ser auténticos.

  • Περὶ ἀρετῆς εἰ διδακτόν (Perì aretés ei didaktón "Sobre a perfección do espírito e do ensino").
  • Ἐρυξίας ἤ περὶ πλούτου ( Eryxias é perì plútu "Eríxias ou sobre a riqueza").
  • Ἀξίοχος ἤ περὶ Θανάτου (Axiochos é perì thanátu "Axíoco ou sobre a morte").

Dióxenes Laercio conservou oss títulos de sete dos seus diálogos, considerados auténticos. Por unha indicación de Demetrio de Falero sábese que os diálogos de Esquines estaban cheos de ironía socrática.[1]. Velaquí os ditos títulos:

  • Alcibíades
  • Aspasia
  • Axíoco
  • Calas
  • Milcíades
  • Rinón
  • Telauges
  1. Aeschines en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 39-40