Unha estación de traballo de son dixital (en inglés: digital audio workstation, DAW) é un dispositivo electrónico ou software de aplicación utilizado para gravar, editar son e producir ficheiros de son. Os DAW veñen nunha gran variedade de configuracións desde un único programa informático nun portátil, ata unha unidade autónoma integrada, ou cunha configuración moi complexa de numerosos compoñentes controlados por un ordenador central. Independentemente da configuración, os DAW modernos teñen unha interface central que permite ao usuario alterar e mesturar varias gravacións e pistas ata chegar a peza final producida.[1]
Os DAW utilízanse para producir e gravar música, cancións, voz, radio, televisión, bandas sonoras, podcasts, efectos de son e case calquera outra situación onde se necesite gravacións complexas de son.