Estadio Álvarez Claro | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 35°17′06″N 2°56′58″O / 35.285, -2.949444 |
Localización | Melilla España |
Construción | |
Inauguración | 29 de setembro de 1945 |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Dimensións | 106 x 65 |
Capacidade | 12.000 espectadores |
Propietario | Concello de Melilla |
Localía | UD Melilla |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Estadio Municipal Álvarez Claro é un estadio que se atopa na cidade autónoma de Melilla, España. Nel xoga como local o equipo da cidade, a Unión Deportiva Melilla.
Ten unha capacidade para 12.000 espectadores e as súas dimensións son de 106 m x 65 m. Foi inaugurado o 29 de setembro de 1945. O estadio leva o nome do presidente de honra da UD Melilla, Rafael Álvarez Claro que foi procurador nas Cortes Xerais, e presidente de Melilla e da UD Melilla co que o equipo ascendeu a Segunda División na tempada 1949-50.