Estatocisto

Imaxe dun estatocisto.

Os estatocistos[1] son os órganos do equilibrio dos invertebrados acuáticos, como os bivalvos,[2] os cnidarios,[3] os equinodermos,[4] os cefalópodos[5] e os crustáceos.[6]

Unha estrutura similar encóntrase tamén nas especies do xénero Xenoturbella.[7]

Teñen unha estrutura en forma de saco, cun epitelio de células ciliadas, un líquido e estatólitos no seu interior. Estes últimos son masas calcarias que, ao desplazárense pola acción da gravidade e o movemento propio do animal, premen sobre o epitelio ciliado, o cal, mediante conexións nerviosas, manda a información ao centro elaborador da posición na que se encuentra.

O seu equivalente en vertebrados corresponde aos otólitos, situados no oído interno, polo que neles fálase dun sistema estato-acústico.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O termo estatocisto está fomado polos elementos estato-, do latín científico staticus, tirado do grego antigo στατικός ‎statikós, de ἱστάναι ‎histánai, 'poñer de pé', e -cisto, do grego κύστις kýstis, 'vexiga'.

  1. estatocisto s.m. [Nalgúns invertebrados acuáticos] órgano que regula o equilibrio. En: Gran dicionario Xerais da lingua, Vigo: Xerais, 2009.
  2. Morton, B. (2009): "Statocyst structure in the Anomalodesmata (Bivalvia)". Journal of Zoology 206: 23–34.
  3. Spangenberg, D. B. (1986): "Statolith formation in Cnidaria: effects of cadmium on Aurelia statoliths". Scanning Electron Microscopy (4): 1609–1618.
  4. Ehlers, U. (1997): "Ultrastructure of the statocysts in the apodous sea cucumber Leptosynapta inhaerens (Holothuroidea, Echinodermata)". Acta Zoologica 78: 61–68.
  5. Clarke, M. R. (2009): "The cephalopod statolithan—introduction to its form". Journal of the Marine Biological Association of the United Kingdom 58 (3): 701–712.
  6. Cohen, M. J. (1960): "The response patterns of single receptors in the crustacean statocyst". Proceedings of the Royal Society B: Biological Sciences 152 (946): 30–49.
  7. Israelsson, O. (2007): "Ultrastructural aspects of the 'statocyst' of Xenoturbella (Deuterostomia) cast doubt on its function as a georeceptor". Tissue and Cell 39 (3): 171–177.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): Zoología. Tomo 1 Invertebrados. Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4.
  • Frings, H. e M. Frings (1975): Conceptos de zoología. Madrid: Editorial Alhambra, S. A. ISBN 84-205-0505-6.
  • Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): Zoología sistemática. Clasificación del reino animal. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0608-2.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]