![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1892 ![]() Antananarivo, Madagascar ![]() |
Morte | abril de 1931 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, escritora ![]() |
Esther Razanadrasoa, nada en Antananarivo en 1892 e finada en abril de 1931, foi unha poeta malgaxe, que asinou a súa obra literaria co pseudónimo de Anja-Z.
Pouco se sabe da súa vida máis que a data de nacemento e defunción, que casou xa maior[1] e que foi redactora xefe do xornal Tsara Hafatra[2]. O seu pseudónimo literario é unha homenaxe á súa nai. O seu pai, segundo Jean-Joseph Rabearivelo, foi poeta, xornalista, novelista, orador e compositor[3]
Escribiu en lingua malgaxe[1], especificamente no dialecto da etnia hova. Parte da súa obra é a recollida das improvisacións líricas das mozas da capital, coñecidas como «kindriandina»[3][4]. Publicou tamén varias novelas.
Foi unha grande influencia para o poeta Jean-Joseph Rabearivelo, que a admiraba tanto pola súa obra como polas súas actividades no curso da súa vida[1]. O poeta escribiulle unha fasana (equivalente a un treno) á súa morte[5], no que, no verso "le poète inscrira son chant de vivant" expresa a súa fe na reencarnación da alma da súa musa[6]. Amais, Rabearivelo traduciu ao francés parte da obra de Esther Razanadrasoa[3][7]. Segundo os escritos do propio Rabearivelo, Esther Razanadrasoa morrería pola inxestión de produtos abortivos, para evitar quedar embarazada logo de deitarse con el[8].
Na homenaxe que recibiu tras a súa morte en 1931, mencionouse que Esther Razanadrasoa recibira dez honores malgaxes, e que estaba considerada como "unha das figuras máis simpáticas da escrita malgaxe"[2].
En 2015 a escritora suíza Douna Loup publicou a novela L'oragé, na que ficciona a vida da escritora a partir de tres raros elementos biográficos[1]. Nesta novela, Esther xoga para Rabearivelo o rol de amante e de musa mais tamén de personaxe inflexible, intransixente co uso exclusivo do malgaxe como lingua de expresión, en oposición co seu discípulo e amante[9].
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Esther Razanadrasoa ![]() |