Estruga membranosa

Estruga membranosa
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Rosales
Familia: Urticaceae
Xénero: Urtica
Especie: U. membranacea
Nome binomial
Urtica membranacea
Poir.

A estruga membranosa (Urtica membranacea), é unha especie de planta herbácea pertencente á familia das urticáceas. É orixinaria da rexión do Mediterráneo, aparece en Galiza.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Detalle da estruga membranosa.

Diferénciase da estruga maior (Urtica dioica L.), a máis común no territorio, por ser unha planta anual, xeralmente monoica, que presenta os acios masculinos simples, co eixo alargado, e follas con pelos unicamente urticantes.

Planta nitrófila, ruderal, que se instala en cultivos, camiños e terreos ermos algo húmidos e sombrizos. Atópase a unha altura de 190 - 1000 metros.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Distribuída pola rexión mediterránea, na Península Ibérica áchase fundamentalmente localizada nas provincias marítimas. Aparece en Galiza.

Sinonimia

[editar | editar a fonte]
  • Urtica caudata Vahl, Symb. Bot. 2: 96 (1791), nom. illeg.
  • Urtica dubia Forssk., Fl. Aegypt.-Arab. CXXI (1775), nom. inval.
  • Urtica lusitanica Brot., Fl. Lusit. 1: 205 (1804)
  • Urtica membranacea raza lusitanica (Brot.) Samp., Man. Fl. Portug. 127 (1910)
  • Urtica membranacea var. horrida Willk. in Willk. & Lange, Prodr. Fl. Hispan. 2: 251 (1862)
  • Urtica membranacea var. subinermis Sennen, Pl. Espagne n.° 370, in sched.[1]
  1. "Estruga membranosa". Real Jardín Botánico: Flora Ibérica. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 10 de novembro de 2016.