Euchloe simplonia

Euchloe simplonia
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
División: Rhopalocera
Familia: Pieridae
Tribo: Anthocharini
Xénero: Euchloe
Especie: E. simplonia

Euchloe simplonia é unha especie de lepidóptero ropalócero da familia Pieridae.[1] Distribúese polas rexións montañosas de Europa Occidental (Francia, Italia, Suíza). Tamén está citada en España, na Cordilleira Cantábrica e os Pireneos.[2][3]

É unha bolboreta branca con manchas negras ao final das ás anteriores e unha mácula negra a medio camiño do corpo. O reverso das ás posteriores é de cor verde escura con manchas brancas.

As súas plantas nutricias son principalmente dos xéneros Sinapis, Isatis, Aethionema, Iberis e Biscutella.

Voa de abril a agosto, e só ten unha xeración.[4] Atópase en prados de flores de montaña en xeral por riba de 1500 metros.

  1. http://www.biodiversidadvirtual.org/insectarium/Euchloe-simplonia-%28Freyer-1829%29-cat11336.html
  2. (en inglés) http://www.eurobutterflies.com/sp/simplonia.php Eurobutterflies, por Matt Rowlings
  3. (en inglés) http://www.leps.it/indexjs.htm?SpeciesPages/EuchlSimp.htm Moths and Butterflies of Europe and North Africa
  4. Tom Tolman, Richard Lewington, Guía de las Mariposas de Europa y África del Norte, Delachaux e Niestlé, ISBN 978-2-603-01649-7

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]