Euclid

Euclid
Logo
TipoObservatorio espacial e Korsch telescope
Nomeado en referencia aEuclides
Eventos/Actividadesconstrución e lanzamento espacial
Na rede
https://www.esa.int/euclid e https://sci.esa.int/euclid/
editar datos en Wikidata ]

Euclid é unha nave espacial dentro do programa Cosmic Vision da ESA, destinada ó punto de Lagrange L2.

Modelo artístico de Euclid
Modelo artístico de Euclid

Está deseñado para abordar dous grandes temas do programa: Cales son as leis físicas fundamentais do universo e como naceu o universo e de que está composto.[1]

Estudará máis dun terzo do ceo, tomando nota de forma, tamaño e posición de milleiros de millóns de galaxias, cunha profundidade de máis de dez mil millóns de anos.[1][2]

Valor científico

[editar | editar a fonte]

Coa súa ampla cobertura do ceo e os seus catálogos de miles de millóns de estrelas e galaxias, o valor científico dos datos recollidos pola misión vai máis aló do ámbito da cosmoloxía. Esta base de datos proporcionará á comunidade astronómica mundial fontes e obxectivos abundantes para o James Webb Space Telescope e o Atacama Large Millimeter Array, así como para futuras misións como o European Extremely Large Telescope, Thirty Meter Telescope, Square Kilometer Array e o Vera C. Observatorio Rubin.[3]

Por outra banda, a misión Euclid ten sido adaptada en función do desenvolvemento que vai tendo e os achados observados.[2]

Sistema de funcionamento

[editar | editar a fonte]

Cada 75 minutos ten trevisto apuntar a un novo lugar do ceo, para o que dispón dun sensor de guiado fino (Fine Guidance Sensor, FGS) que usa para posicionarmento as estrelas atopadas por Gaia. Dito sensor ten sufrido perturbacións nas súas medidas debido á actuación do Sol, esperando un máximo do ciclo solar para 2024-2025, e podendo perder ata o 3 % dos datos esperables.[2]

Euclid, para o recoñecemento de galaxias, aproveita tanto a IA como o proxecto de ciencia cidadá Galaxy Zoo, ó que pode acceder quen queira colaborar.[4]

  1. 1,0 1,1 "Los cinco misterios que Euclid ayudará a resolver". www.esa.int (en inglés e castelán). Consultado o 2023-06-04. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Seeking Euclid's hidden stars: commissioning looks up". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2023-10-11. 
  3. "ESA Science & Technology - Legacy science (beyond cosmology)". sci.esa.int. Consultado o 2023-07-07. 
  4. "Euclid Galaxy Zoo – help us classify the shapes of galaxies". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2024-08-07. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.