Eucáridos Eucarida | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nécora (Necora puber), un decápodo | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Ordes | |||||||||||||||||
A dos eucáridos (Eucarida) é unha superorde de crustáceos da clase dos malacostráceos, subclase dos eumalacostráceos, que inclúe case todas as especies máis coñecidas destes animais, como os decápodos (lagosta, lumbrigante, cigala, centola, nécora etc.) e o krill (da orde dos eufausiáceos, principal alimento das baleas). Ademais, tamén comprende os membros da pouco coñecida orde dos anfionidáceos.
Os seus compoñentes caracterízanse por posuír as pezas da casca fusionadas en todos os tagmas torácicos e por teren os ollos pendunculados.
En canto á paleontoloxía do grupo, os eucáridos son os crustáceos máis temperáns no rexistro fósil. Os fósiles máis antigos descritos pertencen ao mesozoico, aínda que se supón que xurdiron moito antes.
A superorde foi descrita en 1904 polo zoólogo escocés, especializado en carcinoloxía, William Thomas Calman.[1]
Segundo o ITIS a superorde subdivídese en tres ordes:[2]
Superorde Eucarida Calman, 1904
Porén, o WoRMS só admite dúas:[3]
Superorde Eucarida Calman, 1904
E a (suposta) orde dos Amphionidacea identifícaa co taxon dos Caridea, que para os autores desta base de datos é unha infraorde da suborde dos pleociemados, dentro da orde dos decápodos.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eucáridos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Eucáridos |