Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 11 de marzo de 1977 KwaThema, Suráfrica | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 27 de abril de 2008 (31 anos) KwaThema, Suráfrica | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | homicidio, ferida de arma branca | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, activista LGBT | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Suráfrica | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Eudy Simelane nada en KwaThema o 11 de marzo de 1977 e finada o 28 de abril de 2008 foi unha futbolista surafricana que xogou na selección de Suráfrica e tamén unha activista polos dereitos LGBT. Foi violada e asasinada na súa cidade natal KwaThema, Gauteng.[1]
Simelane xogou como centrocampista no Springs Home Sweepers F.C[2] e na Selección feminina de Suráfrica. Igualmente adestrou varios equipos e estaba a estudar para converterse en árbitra.[3]
O corpo semidesnudo de Simelane foi atopado nun arroio en KwaThema. Fora violada por un grupo, golpeada e apuñalada 25 veces no peito, cara e pernas. Fora a primeira muller en mostrar abertamente o seu lesbianismo en KwaThema.[1] Un informe realizado pola ONG ActionAid e referendado pola comisión surafricana de dereitos humanos, denunciou que o seu asasinato foi un crime de odio levado a cabo contra ela pola súa orientación sexual. Segundo ActionAid este crime non será recoñecido polo Estado Surafricano nin polo seu sistema xurídico.[1]
De acordo coa asociación Triángle que defende os dereitos das persoas homosexuais, a práctica de violacións correctivas está amplamente estendida en Suráfrica onde homes violan mulleres coa intención de curalas e corrixir a súa orientación sexual.[1]
O xuízo contra os catro acusados deu comezo o 11 de febreiro de 2009 en Delmas, Mpumalanga.[4] Un dos catro supostos atacantes declarouse culpable de violación e asasinato e foi sentenciado a 32 anos de cárcere.[1] En setembro de 2009, outro foi culpado de asasinato, violación e roubo, e foi declarado a cadea perpetua máis 35 anos de cárcere. As outras dúas persoas non foron condenadas.[5]
En 2009 erixiuse unha ponte en miniatura en KwaThema, Springs, Gauteng, na súa honra.[6]