Eufractinos Euphractinae | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Chaetophractus vellerosus | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Xéneros e Especies | |||||||||||||||||
|
A dos eufractinos (Euphractinae) é unha subfamilia de mamíferos placentarios da orde dos cingulados, unha das tres que constitúen a súa única familia, a dos dasipódidos,[1] que inclúe varias especies de armadillos.
Esta subfamilia agrupa cinco xéneros, con seis especies actuais,[2] coñecidas vulgarmente na linguaxe internacional como pichiciegos.[3]
A subfamilia foi descrita en 1923 polo zoólogo danés Herluf Winge, en Pattedyr-Slægter, 1: 304.[2]
O nome científico da subfamilia, Euphractinae, fórmase, como é habitual, sobre a base do xenitivo do nome do seu xénero tipo, neste caso Euphractus, engadínolle a desinencia do latín científico -inae, propia dos nomes das subfamilias de animais.
En canto ao nome do xénero tipo, Euphractus, está formado polo elemento do latín científico eu-, calco do grego antigo εύ- eú-, do adverbio εὖ eǘ, "ben" e a palabra grega φρακτός pharktós, "armado"; literalmente: "o ben armado",[4] derivada do verbo φράσσω prhássō, "cubrir, protrexer".
Subfamilia Euphractinae
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Eufractinos |