![]() ![]() | |
Nome orixinal | (pt) Eugénio de Castro e Almeida ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 4 de marzo de 1869 ![]() Coímbra, Portugal ![]() |
Morte | 17 de agosto de 1944 ![]() Coímbra, Portugal ![]() |
Educación | Universidade de Coímbra ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poeta, pedagogo, escritor ![]() |
Membro de | Academie Royale de Langue et de littérature Françaises (en) ![]() Real Academia Galega (membro correspondente) (1905–1944) ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() |
Eugénio de Castro e Almeida, nado en Coímbra o 4 de marzo de 1869 e finado na mesma cidade o 17 de agosto de 1944, foi un poeta portugués.
Ao redor de 1889 rematou o Curso Superior de Letras (en Lisboa), vindo máis tarde a ensinar na Facultade de Letras da Universidade de Coímbra. Nese mesmo ano fundou a revista Os Insubmissos con João Menezes e Francisco Bastos. Colaborou coa revista que fundou e coa revista Boémia nova, ambas seguidoras do Simbolismo francés. Tivo tamén colaboración en varias publicacións periódicas do século XIX, especialmente: A prensa[1] (1885-1891), Ave azul[2] (1899-1900), A semana de Lisboa (1893-1895), A lectura[3] (1894-1896), Branco e Negro (1896-1898); nas dúas series da Illustração Portuguesa[4]: Illustração Portuguesa(1884-1890) e Illustração portugueza[5] (iniciada en 1903), e aínda, en diversas revistas do Século XX, entre as cales a revista Serões[6] (1901-1911), Atlântida[7] (1915-1920), Contemporânea[8] (1915-1926), Revista de turismo iniciada en 1916, no periódico O Azeitonense (1919-1920) e na revista Ilustração (iniciada en 1926).[9][10][11][12][13] En 1890 entrou para a historia da literatura portuguesa co lanzamento do libro de poemas Oaristos, marco inicial do Simbolismo en Portugal.
A obra de Eugénio de Castro pode ser dividida en dúas fases: na primeira, a fase simbolista, que corresponde á súa produción poética até o fin do século XIX, Eugénio de Castro presenta algunhas características da Escola Simbolista, como o uso de rimas novas e raras, novas métricas, sinestesias, aliteracións e vocabulario máis rico e musical.
Na segunda fase ou neoclásica, que corresponde aos poemas escritos xa o século XX, vemos un poeta volto á Antiguidade Clásica e ao pasado portugués, revelando un correcto saudosismo, característico das primeiras décadas do século XX en Portugal.
Casou o 22 de maio de 1898 con Brígida Augusta Correia Portal, e dese casamento naceron seis fillos.
Foi homenaxeado en Coímbra a través da asignación do seu nome a unha escola da cidade - a Agrupación de Escolas Eugénio de Castro. O 11 de abril de 1939, foi agraciado co grao de Grã-Cruz da Orde Militar de Sant'Iago da Espada.[14] En 1949 o Concello de Lisboa homenaxeou o escritor dándolle o seu nome a unha rúa xunto á Avenida da Igrexa, en Alvalade.[15]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eugénio de Castro ![]() |