Euloxia provén do gregoευλογία, "unha bendición". Dise dos obxectos bendicidos. Nos escritos de Cirilo de Alexandría refírese ao pan e mais ao viño. Exeria, a viaxeira galega sinala[1] "dignáronse ademais darme, a min e aos que ían comigo, euloxias, como os monxes acostuman dar, pero só aos que reciben con gusto nos seus eremitorios" nun comentario que fai na súa visita á localidade de Charrán, no límite oriental do Imperio romano. Ó longo do Itinerario de Exeria, ela conta que as euloxias en ocasións eran un froito do lugar, unha vasilla de aceite para a lámpada ou calquera obxecto entregado no momento da despedida para lembrar os momentos vividos.[2]
Paulo de Tarso (1 Cor. 10,16): "to poterion tes eulogias ho eulogoumen".
Agostiño de Hipona (De pecat. Merit., II, 26): "Quod acceperunt catechumeni, quamvis non sit corpus Christi, sanctum tamen est, et sanctius quam cibi quibus alimur, quoniam sacramentum est" (O que os catecúmenos reciben, aínda que non é o Corpo de Cristo, é santo, ---máis santo, de feito, que a nosa alimentación habitual, xa que é un sacramentum).
Na Regra Beneditina prohíbeselles aos monxes recibir "litteras, eulogias, vel quaelibet munuscula" sen permiso do abade. Indicando que non podían recibir agasallos.
Itinerarium Peregrinatio - Capítulo III: "Iam ut exiremus de ecclesia, dederunt nobis presbyteri loci ipsius eulogias, id est de pomis quae in ipso monte nascuntur". (Xusto cando estabamos a piques de saír da igrexa, os curas do lugar déronnos euloxias, é dicir, mazás das que medran no propio monte.)
Arce, Agustín (1996): Itinerario de la virgen Egeria. Bilioteca de autores cristianos. Madrid.
Novoa Portela, Feliciano (coord.) (2003): De Fisterra a Xerusalén. Exeria e os primeiros peregrinos cristiáns. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela.