A Eurobowl é a final da Copa de Europa de fútbol americano, competición coñecida como European Football League ou polo acrónimo EFL. Nesta competición participan cada ano os principais equipos das ligas europeas pertencentes á EFAF (European Federation of American Football). A primeira edición da Eurobowl tivo lugar en Ámsterdam o 16 de agosto de 1986, e dende entón serve para recoñecer ó mellor equipo do continente.