O Euromillóns é unha lotaría europea, levada a cabo polos organismos encargados da lotaría en cada un dos países participantes. O primeiro sorteo tivo lugar o venres 13 de febreiro de 2004 en París. España, Francia e o Reino Unido foron os primeiros que tomaron parte, pero os organismos de lotaría de Austria, Bélxica, Irlanda, Luxemburgo, Portugal e Suíza uníronse posteriormente, o 8 de outubro de 2004. En Andorra tamén é posible xogar a través de administracións de Loterías y Apuestas del Estado.
O sorteo lévase a cabo todos os martes e venres pola tarde, e ten lugar en París. Os billetes de lotaría teñen un prezo de dous euros por participación na maioría dos países. Os premios, á parte do bote, son fixados de acordo á participación por país.
País | Nome | Operador nacional |
---|---|---|
![]() |
Euro Millionen | Österreichische Lotterien |
![]() |
Euro Millions | Loterie nationale |
![]() |
Euro Millones | Loterías y Apuestas del Estado |
![]() |
Euro Millions | la Française des jeux |
![]() |
Euro Millions | The National Lottery |
![]() |
Euro Millions | Loterie nationale |
![]() |
Euro Milhões | Jogos Santa Casa |
![]() |
Euro Millions | The National Lottery |
![]() |
Euro Millions | Swisslos (Suíza alemá e italiana) |
Loterie romande (Suíza romanda) |
Para xogar:
Durante o sorteo, 5 números e 2 estrelas da sorte son extraídos ao chou de dúas máquinas con bombos que conteñen bólas numeradas. A máquina que contén os 50 números chámase Stresa, e a outra, que contén as 11 estrelas, é Paquerette.