Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de decembro de 1933 São Paulo, Brasil |
Morte | 15 de maio de 2021 (87 anos) São Paulo, Brasil |
Causa da morte | cancro de ovario |
Residencia | São Paulo |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de televisión |
Período de actividade | 1952 - 2019 |
Familia | |
Cónxuxe | Carlos Zara (1979–2002), morte do cónxuxe John Herbert (1955–1976), divorcio |
Premios | |
| |
Eva Wilma Riefle Buckup Zarattini, nada en São Paulo o 14 de decembro de 1933 e finada o 15 de maio de 2021 foi unha actriz e bailarina brasileira. Traballou en teatro, cine e televisión. Entre os seus papeis destacados, protagonizou a serie de televisión brasileira dos anos 50 Alô, Doçura!.[1] Eva Wilma opúxose á ditadura militar brasileira e manifestouse contra a censura e a represión do réxime após o asasinato dun estudante, protagonizando unha emblemática fotografía de artistas contra a ditadura.[2]
O seu pai, Otto Riefle Jr, era un metalúrxico da rexión da Selva Negra de Pforzheim, preto de Stuttgart, no sur de Alemaña. Marchou a Brasil, máis precisamente á cidade de Río de Xaneiro en 1929, con 19 anos, para traballar nunha empresa metalúrxica. A nai de Eva Wilma, Luísa Carp, naceu en Bos Aires, era filla de xudeus rusos e ucraínos que emigraran a Arxentina.[3] Os pais de Eva coñecéronse na cidade de São Paulo cando o pai de Eva foi trasladado á cidade, e a súa nai, despois de vivir en Bos Aires, trasladouse a Brasil.[4]
Comezou a súa carreira como bailarina clásica aos catorce anos. Tomou clases de patinaxe sobre xeo e foi contratada para participar en Holliday On Ice, un dos maiores festivais de patinaxe sobre xeo do mundo, pero os seus pais prohibíronllo. Pronto pasou a formar parte do São Paulo Ballet, de Maria Oleneva e logo comezou a carreira como actriz de teatro. Traballou no Teatro de Arena, actuando en obras como Judas o sábado de Aleluia, Uma Mulher e Três Palhaços e Boeing-Boeing. No cine, participou en filmes como Uma Pulga na Balança, O Homem dos Papagaios, Chico Viola Não Morreu e São Paulo S/A. Na televisión, debutou en 1953 na serie Namorados de São Paulo e posteriormente protagonizou Alô, Doçura xunto a John Herbert, serie que entrou no Libro Guinness como a máis longa do país. A parella, televisiva e na vida real, tamén protagonizou telenovelas brasileiras como Comédia Carioca e Prisoneiro de um Sonho. Eva Wilma e John Herbert foron unha das parellas máis queridas da televisión brasileira nos anos 50 e 60.
Durante a ditadura militar participou na folga dos teatros, opúxose ao réxime e manifestouse contra a represión e a censura.[2] Nos inicios da ditadura (1965) actuou en São Paulo, Sociedade Anônima, escollido como o candidato do Brasil para o Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa na 38ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[5] Eva Wilma foi galardoada con numerosos premios na súa carreira, como o Prêmio Saci e o Molière á mellor actriz entre outros.
Estivo casada durante 23 anos co actor John Herbert,[1] co que tivo dous fillos, Vivian e John Jr., e deles cinco netos. Máis tarde casou co actor Carlos Zara, con quen non tivo fillos.
Eva Wilma faleceu aos 87 anos en São Paulo, o 15 de maio de 2021, no Hospital Albert Einstein, de cancro de ovario.[6]
Ano | Título | Rol | Notas |
---|---|---|---|
1953 | Uma pulga... | ||
1953 | O Homem Dos Papagaios | ||
1953 | O Craque | Elisa | |
1954 | A Sogra | ||
1955 | Chico Viola Não Morreu | ||
1958 | O Cantor e o Milionário | Laura | |
1960 | Cidade Ameaçada | Terezinha | |
1962 | The Fifth Power | Laura Leal | |
1963 | A Ilha | ||
1963 | Murder in Rio | Leila | |
1965 | São Paulo, Sociedade Anônima | Luciana | |
1967 | Juego peligroso | Lucía | (capítulo "Divertimento") |
1969 | Topaz | Rosita Gómez | Non acreditada |
1970 | A Arte de Amar Bem | Inês | (capítulo "A Inconfidência de Ser Esposa") |
1973-1974 | Segredos de Areia | Ruth / Raquel | TV serie |
1975 | Cada um Dá o que Tem | (capítulo "Cartão de Crédito") | |
1980 | Asa Branca: Um Sonho Brasileiro | Mãe de Asa Branca | |
1981 | Ciranda de Pedra | Laura Prado | TV serie |
1983 | O Menino Arco-Íris | ||
1987 | Feliz Ano Velho | Lúcia | |
1992 | Pedra sobre Pedra | Hilda Pontes | TV serie |
1995 | História de Amor | Zuleika Viana Sampaio | TV serie |
1997 | A Indomada | Maria Altiva Pedreira de Mendonça e Albuquerque | 203 episodios |
2002 | Esperança | Rosa | TV serie |
2004-2005 | Começar de Novo | Lucrécia | 159 episodios |
2006 | Veias e Vinhos - Uma História Brasileira | ||
2007 | The Sign of the City | Adélia | |
2007-2008 | Desejo Proibido | Cândida | 120 episodios |
2010 | A Guerra dos Vizinhos | Adélia | |
2011-2012 | Fina Estampa | Maria Íris Siqueira De Maciel | TV serie |
2015 | Verdades Secretas | Fábia | 48 episodios |
2018 | O Tempo Não Para | Petra Vaisánen | 22 episodios, (aparición final) |
A Galipedia ten un portal sobre: Cine |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eva Wilma |