Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de setembro de 1868 Shooter's Hill, Reino Unido (en) |
Morte | 13 de abril de 1956 (87 anos) Wadhurst, Reino Unido (en) |
Actividade | |
Ocupación | escritora, biógrafa |
Pseudónimo literario | Stephen G. Tallentyre |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Evelyn Beatrice Hall, nada en Shooter's Hill (Kent) o 28 de setembro de 1868 e finada en Wadhurst (East Sussex) o 13 de abril de 1956, foi unha escritora británica, coñecida tamén co pseudónimo de Stephen G. Tallentyre.
Foi a segunda dos catro fillos do Reverendo William John Hall (1830–1910), cóengo menor da Catedral de San Paulo, e Isabella Frances (nada co apelido de Cooper).[1] A súa irmá máis vella, Ethel Frances Hall (1865–1943), casou co escritor Hugh Stowell Scott (coñecido co pseudónimo de Henry Seton Merriman) en 1889.[2] Evelyn Hall converteuse nunha importante influencia do seu cuñado, con quen coescribiu dous libros de relatos, From Wisdom Court (1893) e The Money-Spinner (1896).[3] Tras a súa morte en 1903, Scott deixoulle 5000 libras a Hall en agradecemento polo seu apoio e consellos literarios.[4]
Hall acadou sona pola súa biografía The Life of Voltaire (1903) e por The Friends of Voltaire (1906). Nesta última obra escribiu a frase "I disapprove of what you say, but I will defend to the death your right to say it" ("Estou en desacordo co que dis, pero defenderei até a morte o teu dereito a dicilo")[5], que polo xeral se atribúe de forma errónea ao propio Voltaire.[6] A cita de Hall adoita usarse para describir a liberdade de expresión.