Exipto Mons

Exipto
O Exipto Mons, situado na parte superior desta captura do programa NASA World Wind.
Tipo de accidente xeolóxico Mons
Accidente xeolóxico de Ío
Diámetro 193.66 km[1]
Extensión 9.792 km²[2]
Altitude 10 km[2]
Coordenadas 41,49° S 257,6° O[1]
Procedencia do nome O lugar onde Ío rematou os seus periplos.[1]

Exipto Mons é unha montaña da lúa de Xúpiter, Ío. Ten 10 km de altura, e fai dela a 11ª montaña máis alta de Ío, máis alta co monte Everest. Segundo a U.S. Geological Survey ten un diámetro medio de 193,7 km[1], aínda que a Io Mountain Database dálle un longo de 133,8 km por 146 km de ancho[2]. É un macizo montañoso escarpado, de forma moi irregular e dunha morfoloxía complexa. Cobre unha área duns 9.792 km² e está situado nas coordenadas 41,49° S 257,6° O. Ten unha escarpa na cara norte. Recibiu o nome de Exipto, en referencia ó lugar onde a mitolóxica Ío rematou a súa fuxida. Recibiu oficialmente o seu nome por parte da Unión Astronómica Internacional no ano 1997.[1][2] Cara ao noroeste está Babbar Patera, e cara ao sueste está Hermes Mensa. Svarog Patera pode ser atopado cara ao suroeste.[3]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). "Planetary Names: Mons, montes: Egypt Mons on Io". Consultado o 18-08-2010. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 planetologia.elte.hu (ed.). "Io Mountain Database". Consultado o 18-08-2010. 
  3. NASA World Wind 1.4. NASA Ames Research Center, 2007.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]