ExoMars Trace Gas Orbiter / Trace Gas Orbiter / Trace Gas Orbiter / ExoMars 2016 | |
---|---|
![]() Representación artística de TGO | |
Tipo | Científico |
Organización | ESA |
Contratistas principais | Thales Alenia |
Data de lanzamento | 14 de marzo de 2016[1][2][3] |
Foguete portador | Proton M Briz-M[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][4][5] |
Obxectivo da misión | Estudo de Marte.[2][4][5] |
NSSDC ID | 2016-017A |
Masa | 3732 kg[4][2] |
Potencia | 2 kW[4][2] |
ExoMars Trace Gas Orbiter ou TGO, tamén coñecida como ExoMars 2016, é unha sonda espacial da ESA lanzado o 14 de marzo de 2016 a bordo dun foguete Proton M Briz-M desde o Cosmódromo de Baikonur cara Marte.[1][2][4][5]
TGO é a primeira sonda do programa ExoMars da Axencia Espacial Europea, deseñado para buscar rastros de vida presente ou pasada en Marte.[1][2][4][5]
A misión de TGO é caracterizar a atmosfera marciana en busca de gases trazada como o metano, que poden ser indicio de actividade biolóxica. Debe servir tamén como enlace para un futuro explorador de superficie europeo. A nave ten unha masa ao lanzamento de 3732 kg (sen contar o módulo de aterraxe de proba Schiaparelli) e ten forma aproximada de caixa de 3,2 x 2,0 x 2,0 metros con dous paneis solares cunha envergadura de 17,5 m que producen ata 2 kW de potencia, alimentando baterías de ión litio cunha capacidade de 5,1 kWh. A propulsión corre a cargo de dun motor principal bipropelente de 424 N de impulso. As comunicacións teñen lugar mediante un sistema en banda X de 65 W de potencia e unha antena de prato de 2,2 m de diámetro, con tres antenas de baixa ganancia. As comunicacións coa superficie marciana teñen lugar mediante o transceptor UHF do sistema Electra e unha antena de hélice.[1][2][4][5]
A nave chegou a Marte en outubro de 2016, tras sete meses de viaxe. Tres días antes da chegada soltou o módulo Schiaparelli para a súa entrada atmosférica. Tras varias manobras, incluíndo unha fase de aerofreado, TGO quedou na súa órbita científica de 400 km de altura en abril de 2018.[1][2][4][5] En 2024 segue dando froitos, con TGO e o seu aparello Colour and Stereo Surface Imaging System (CaSSIS) recollendo novidosos datos da superficie.[6]
ExoMars TGO leva os seguintes instrumentos a bordo, totalizando 112 kg de material científico:[1][2][4][5]
Xunto con TGO voou o módulo demostrador de entrada descenso e aterraxe (Entry, Descent and landing demonstrator Module, EDM) Schiaparelli para probar técnicas de entrada e aterraxe suaves na superficie marciana. O módulo, construído en colaboración con Roskosmos e de 600 kg de masa, estrelouse contra a superficie a causa dunha anomalía no software que fixo crer ao módulo que estaba próximo a terra cando faltaban case 4 km, liberándose do paracaídas e activando os motores de aterraxe. Durante 3,7 km o módulo foi en caída libre ata o impacto co solo.[1][2][4][5]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: ExoMars Trace Gas Orbiter ![]() |