Explorer 14

Explorer 14
Maqueta do Explorer 14.
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento2 de outubro de 1962, 22:11 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorDelta A[2][5]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[2]
Obxectivo da misiónEstudo dos raios cósmicos, o vento solar e o campo magnético terrestre e interplanetario.[2]
Decaemento28 de maio de 1988[1]
NSSDC ID1962-051A
Masa40 kg[6]

Explorer 14, tamén denominado EPE-B, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 2 de outubro de 1962 mediante un foguete Delta A desde Cabo Cañaveral.[2][5][7]

Características

[editar | editar a fonte]

Explorer 14 foi o segundo membro do modelo de satélites EPE (Energetic Particles Explorer). Estaba adicado a facer observacións dos raios cósmicos, o vento solar e o campo magnético terrestre e interplanetario.[2][5][6]

O satélite usaba un telémetro de 16 canais con multiplexación por división de tempo cunha velocidade de mostraxe de 0,324 s. Oito dos canais usábanse para procesar información de xeito dixital, e os outros oito para facelo analoxicamente. Explorer 14 estabilizábase mediante xiro, usando un sensor solar para medir a velocidade de rotación e a fase.

O satélite funcionou sen problemas excepto no período do 10 ao 24 de xaneiro de 1963 e despois do 11 de agosto dese mesmo ano debido a un problema co codificador de datos, que probou a finalización da recollida de datos usables. Obtivéronse datos útiles durante o 85% da vida do satélite. A velocidade de xiro inicial tras o lanzamento foi de 10 r.p.m., diminuíndo ata 1 r.p.m. o 8 de xullo de 1963.[2][5][8]

Explorer 14 foi inxectado nunha órbita inicial de 98.533 km de apoxeo e 281 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 32,95 graos e un período de 2 185 minutos. Reentrou na atmosfera o 28 de maio de 1988.[1][3][6]

Instrumentos

[editar | editar a fonte]

Explorer 14 levaba os seguintes instrumentos a bordo:

  • Analizador de protóns.
  • Magnetómetros de porta de fluxo.
  • Trampa para partículas ionizadas.
  • Detector de raios cósmicos.
  • Sensor de aspecto solar.
  • Experimento de temporización electrolítica.
  • Experimento de dano a células solares.
  • Detector de centeleo de protóns-electróns.
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 14 (SERB 53A)" (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (14 de maio de 2012). "Explorer 14" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2013. Consultado o 29 de decembro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 7 December 1962 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Acting Secretary-General" (62-28941). 11 de decembro de 1962: 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 29 de decembro de 2012. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Explorer 14 / EPE B" (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: EPE A, B, C, D (S 3)" (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2012. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2011). "EPE" (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2012. 
  7. "Explorer 14 Satellite Does Its Job Well". Lakeland Ledger: 14. 10 de outubro de 1962. Consultado o 29 de decembro de 2012. 
  8. "EXPLORER 14 SILENT" (PDF). FLIGHT International: 701. 24 de outubro de 1963. Consultado o 29 de decembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]