Explorer 24 / AD-B | |
---|---|
![]() Explorer 24 / AD-B | |
Tipo | Científico |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 21 de novembro de 1964[1][2][3] |
Foguete portador | Scout X-4[2][4] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2][4] |
Obxectivo da misión | Medición de densidades na atmosfera superior[2][4] |
Decaemento | 10 de outubro de 1968[1][2][4][5] |
NSSDC ID | 1964-076A |
Masa | 8,6 kg[2][4] |
Dimensións | Esfera de 3,6 m de diámetro[2] |
Explorer 24, tamén denominado AD-B (Air Density B), foi un satélite científico da NASA pertencente á serie de satélites Air Density lanzado o 21 de novembro de 1964 desde a base Vandenberg da Forza Aérea a bordo dun foguete Scout X-4.[2][4]
Explorer 24 foi o terceiro dunha serie de satélites inflables esféricos de 3,6 metros de diámetro adicados a determinar a densidade da atmosfera superior. Foi lanzado xunto con Explorer 25 e inxectado nunha órbita inicial de 2498 km de apoxeo e 530 km de perixeo cunha inclinación orbital de 81,4 graos.[2][3][4][6]
A esfera do satélite estaba formada capas alternas de aluminio e mylar. Sobre a capa externa, de aluminio, había círculos brancos de 5,1 cm de diámetro para o control térmico. O satélite estaba deseñado para proporcionar datos sobre a densidade atmosférica durante o perixeo como unha función do espazo e do tempo a partir de observacións secuenciais. Para facilita-lo seguimento, levaba a bordo unha baliza que emitía a 136,620 MHz de frecuencia.[2][4]
Explorer 24 reentrou na atmosfera o 18 de outubro de 1968.[1][2][4][5]
Explorer 19 axudou a determinar a variación en densidade entre o lado diúrno e nocturno da Terra[7] e deu lugar a estudos sobre os ventos zonais na exosfera, a altura de entre 450 e 620 km.[8]