Explorer 26

Explorer 26
Explorer 26
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Destino actualFóra de servizo, en órbita.[1]
Data de lanzamento21 de decembro de 1964, 9:00 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorDelta C[2][5]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[2]
Obxectivo da misiónEstudo dos raios cósmicos, o vento solar e o campo magnético terrestre e interplanetario.[2]
NSSDC ID1964-086A
Masa45,8 kg[6]

Explorer 26, tamén denominado EPE-D, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 21 de decembro de 1964 mediante un foguete Delta C desde Cabo Cañaveral.[2][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Explorer 26 foi o cuarto e último membro do modelo de satélites EPE (Energetic Particles Explorer).Estaba adicado a facer observacións dos raios cósmicos, o vento solar e o campo magnético terrestre e interplanetario.[2][5][6]

O satélite usaba un telémetro de 16 canais con multiplexación por división de tempo cunha velocidade de mostraxe de 0,324 s. Oito dos canais usábanse para procesar información de xeito dixital, e os outros oito para facelo analoxicamente. Explorer 26 estabilizábase mediante xiro, usando un sensor solar para medir a velocidade de rotación e a fase. O satélite funcionou sen problemas serios (tan só algúns problemas producidos por baixos voltaxes) ata o 26 de maio de 1967 en que o telémetro fallou. A velocidade de xiro inicial tras o lanzamento foi de 33 r.p.m., que baixou a 2 r.p.m. o 9 de setembro de 1965. O eixo de rotación apuntaba a unha ascensión recta de 272,8 graos e unha declinación de 21,5 graos.[2][5]

Instrumentos

[editar | editar a fonte]

Explorer 26 levaba os seguintes instrumentos a bordo:

  • Detectores de estado sólido para electróns e protóns.
  • Detector direccional e omnidireccional de protóns e electróns enerxéticos.
  • Magnetómetros de porta de fluxo.
  • Detector de centeleo de protóns-electróns.
  • Experimento de dano a células solares.
  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 26 (EPE-D)" (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (14 de maio de 2012). "Explorer 26" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2013. Consultado o 29 de decembro de 2012. 
  3. "Letter dated 24 March 1965 from the Deputy Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). 31 de decembro de 1964. Consultado o 5 de marzo de 2021. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Explorer 26 / EPE-D" (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: EPE A, B, C, D (S 3)" (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2012. 
  6. 6,0 6,1 Mark Wade (2011). "EPE" (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]