Explorer 35 / IMP-E / AIMP-E / AIMP-2 | |
---|---|
Preparativos previos ó lanzamento de IMP-E. | |
Tipo | Científico |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 19 de xullo de 1967, 14:19 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Delta E[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral[2][6] |
Obxectivo da misión | Estudo do medio interplanetario.[2][6] |
NSSDC ID | 1967-070A |
Masa | 230,0 kg[5] |
Explorer 35, tamén coñecido como IMP-E (acrónimo de Interplanetary Monitoring Platform E) e como AIMP-2 (Anchored Interplanetary Monitoring Platform 2), foi un satélite artificial da NASA lanzado o 19 de xullo de 1967 mediante un foguete Delta E desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6]
A misión de Explorer 35 foi estudar o plasma interplanetario, as partículas enerxéticas cargadas, os campos magnéticos e os raios X solares a distancias lunares.[2][5][6]
A nave estabilizábazase mediante xiro a 25,6 r.p.m. e co eixo de xiro perpendicular ó plano da eclíptica. Tras seis anos de funcionamento a nave foi apagada o 24 de xuño de 1973.[1][3][6]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Explorer 35 |