Explorer 36 / GEOS 2 | |
---|---|
![]() GEOS 2 | |
Tipo | Observación terrestre. |
Organización | NASA |
Destino actual | Retirado |
Satélite de | Terra |
Data de lanzamento | 11 de xaneiro de 1968, 16:16 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Delta E1[2][5] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2] |
Obxectivo da misión | Estudos xeodésicos.[2] |
NSSDC ID | 1968-002A |
Masa | 469 kg[2][6] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7705 km[1] |
Inclinación | 105,8 graos[1] |
Apoapse | 1580,0 km[1] |
Periapse | 1088,8 km[1] |
Explorer 36, coñecido tamén como GEOS 2 (acrónimo de Geodetic Earth Orbiting Satellite), foi un satélite artificial do programa Explorer da NASA lanzado o 11 de xaneiro de 1968 mediante un foguete Delta E1 desde a base Vandenberg da Forza Aérea.[2][6]
A misión de Explorer 36, ao igual que a do seu predecesor Explorer 29, foi realizar estudos xeodésicos. O satélite estabilizábase mediante gradente gravitatorio e alimentábase mediante células solares. A súa misión foi continuada por GEOS 3.[2][5][6]
Explorer 36 levaba a bordo nove instrumentos:[2][5][6]