Explorer 4 | |
---|---|
![]() Esquema de Explorer 4. | |
Tipo | Científico |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 26 de xullo de 1958, 15:00 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Juno I[2][4] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral[2] |
Obxectivo da misión | Estudo da radiación espacial.[2] |
Decaemento | 23 de outubro de 1959[1] |
NSSDC ID | 1958-005A |
Masa | 25,5 kg[2][5] |
Explorer 4 foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 26 de xullo de 1958 mediante un foguete Juno I desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][4]
A misión de Explorer 4 foi estudar as partículas cargadas (protóns e electróns) atrapadas nos cintos de radiación terrestre. A bordo levaba dous tubos Geiger e detectores de cristais de ioduro de cesio, así como plástico de centeleo. Unha vez en órbita o satélite comezou a xirar descontroladamente, o que dificultou a interpretación dos datos dos contadores de radiación. O 3 de setembro de 1958 fallaron o detector de plástico de centeleo e o transmisor de baixa potencia. O transmisor de alta potencia fallou o 5 de outubro. Reentrou na atmosfera o 23 de outubro de 1959, tras 454 días en órbita.[1][2][5]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Explorer 4 |