Explorer 43 / IMP-H / IMP-6 | |
---|---|
Tipo | Científico |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 13 de marzo de 1971, 16:15 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Delta M[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral[2][6] |
Obxectivo da misión | Estudo do medio interplanetario.[2][6] |
Decaemento | 2 de outubro de 1974[1] |
NSSDC ID | 1971-019A |
Masa | 635,0 kg[5] |
Dimensións | Poliedro de 16 caras, altura de 182,12 cm e diámetro de 135,64 cm. |
Explorer 43, tamén coñecido como IMP-H ou IMP-6 (acrónimo de Interplanetary Monitoring Platform H ou 6), foi un satélite artificial da NASA lanzado o 13 de marzo de 1971 mediante un foguete Delta M desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6]
A misión de Explorer 43 foi estudar o plasma interplanetario, as partículas enerxéticas cargadas e os campos magnéticos a distancias lunares. Tamén levaba a bordo un experimento de radioastronomía. A nave tiña forma de poliedro de 16 caras, cunha altura de 182,12 cm e un diámetro de 135,64 cm. A nave estabilizábazase mediante xiro a 5 r.p.m., co eixo de xiro perpendicular ó plano da eclíptica. A alimentación eléctrica era proporcionada por células solares que recubrían a superficie do satélite e que alimentaban unha serie de baterías. O satélite levaba dous transmisores a bordo: un capaz de emitir datos a 1600 bps e outro usado ademais para calcular a distancia da nave. Do corpo do satélite sobresaían tres pares de antenas dipolo ortogonais, un dos pares cunha lonxitude de 2,9 m, outro con 45,5 m e o terceiro con 27,6 m.[2][5][6]
Explorer 43 foi inxectada nunha órbita inicial de 204.576 km de apoxeo e 353 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 28,8 graos e un período de 5656,1 minutos. Funcionou sen problemas ata a súa reentrada na atmosfera o 2 de outubro de 1974.[1][3][6]