Explorer 45

Explorer 45 / S-Cubed A / SSS-A
Explorer 45
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento15 de novembro de 1971, 5:52 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorScout B[3][5]
Sitio de lanzamentoPlataforma de Lanzamento San Marco[3][6]
Obxectivo da misiónEstudo da magnetosfera terrestre.[3][6]
Decaemento10 de xaneiro de 1992[6]
NSSDC ID1971-096A
Masa52 kg[3]

Explorer 45, tamén coñecido como S-Cubed A e SSS-A, foi un satélite artificial pertencente ao programa Explorer da NASA lanzado o 15 de novembro de 1971 mediante o último foguete Scout B desde a Plataforma de Lanzamento San Marco para estudar a magnetosfera terrestre.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

Explorer 45 foi deseñado para estudar as características e orixe das correntes que rodean á Terra, as tormentas magnéticas e a relación entre tormentas, subtormentas e a aceleración das partículas cargadas na magnetosfera interior. O satélite medía as enerxías e dirección dos protóns, electróns e partículas alfa, así como campo magnético. As comunicacións con terra tiñan lugar mediante catro antenas dipolo separadas 90 graos entre si e situadas na superficie do satélite e grazas a dous transmisores, un dixital a 446 bps e outro dixital e analóxico funcionando a entre 30 Hz e 10 kHz. A alimentación eléctrica corría a cargo de células solares na superficie do satélite e unha batería recargable. O satélite estabilizábase mediante xiro a 7 r.p.m., co eixo de xiro situado no plano orbital (á súa vez case no plano ecuatorial da Terra). Explorer 45 foi apagado o 30 de setembro de 1974, tras case 3 anos de funcionamento. Había planificados tres satélites máis que o sucederían, pero foron cancelados.[3][5][6]

Instrumentos

[editar | editar a fonte]

O satélite levaba os seguintes instrumentos a bordo:[3][5][6]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 45 (SSS-A)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2017. Consultado o 15 de decembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 "Letter dated 11 February 1972 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (72-03818). 17 de febreiro de 1972: 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de decembro de 2017. Consultado o 15 de decembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (23 de agosto de 2016). "S-Cubed A" (en inglés). Consultado o 15 de decembro de 2017. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Explorer 45 / SSS 1" (en inglés). Consultado o 15 de decembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: SSS A" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2017. Consultado o 15 de decembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Mark Wade (2011). "SSS" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2018. Consultado o 15 de decembro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]