Explorer 47 / IMP-I / IMP-7 | |
---|---|
Representación artística de Explorer 47 | |
Tipo | Científico |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 23 de setembro de 1972, 1:20 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Delta 1604[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral[2][6] |
Obxectivo da misión | Estudo do medio interplanetario.[2][6] |
NSSDC ID | 1972-073A |
Masa | 390,0 kg[5] |
Dimensións | Poliedro de 16 caras, altura de 157 cm e diámetro de 135 cm. |
Explorer 47, tamén coñecido como IMP-I ou IMP-7 (acrónimo de Interplanetary Monitoring Platform I ou 7), foi un satélite artificial da NASA lanzado o 23 de setembro de 1972 mediante un foguete Delta 1604 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6]
A misión de Explorer 47 foi estudar o plasma interplanetario, as partículas enerxéticas cargadas e os campos magnéticos a distancias lunares. A nave tiña forma de poliedro de 16 caras, cunha altura de 157 cm e un diámetro de 135 cm. A nave estabilizábazase mediante xiro, cun período de rotación de 1,3 segundos, co eixo de xiro perpendicular ó plano da eclíptica. A alimentación eléctrica era proporcionada por células solares que recubrían a superficie do satélite e que alimentaban unha serie de baterías. O satélite transmitía datos a unha velocidade de 1600 bps.[2][5][6]
Explorer 47 foi inxectado nunha órbita inicial de 235.639 km de apoxeo e 201.599 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 17,2 graos e un período de 17.702,1 minutos. Funcionou sen problemas ata que foi apagado o 31 de outubro de 1978.[1][3][6]