Explorer 48 / SAS 2 | |
---|---|
Representación artística de Explorer 48. | |
Tipo | Observatorio espacial |
Organización | NASA |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1][2][3] |
Data de lanzamento | 15 de novembro de 1972, 22:13 GMT[1][4][5][6] |
Foguete portador | Scout D1[1][3] |
Sitio de lanzamento | Plataforma de lanzamento San Marco[1][2] |
Obxectivo da misión | Astronomía en raios gamma.[1][2] |
Decaemento | 16 de abril de 1979[4] |
NSSDC ID | 1972-091A |
Masa | 166 kg[1] |
Dimensións | Cilindro de 59 cm de diámetro e 135 cm de longo.[1] |
Explorer 48, tamén coñecido como SAS 2 (acrónimo de Small Astronomy Satellite 1), foi un observatorio espacial da NASA lanzado o 15 de novembro de 1972 mediante un foguete Scout D1 desde a plataforma de lanzamento San Marco.[1][2][3]
Explorer 48 foi o segundo, tras Uhuru, da serie de observatorios espaciais SAS para o estudo do ceo en lonxitudes de onda enerxéticas. A misión principal do observatorio foi rexistrar a fontes celestes en raios gamma no rango entre 20 e 300 MeV. Como instrumentos levaba un detecetor de centeleo, unha cámara de chispas e un telescopio de partículas cargadas.[1][2][3]
O observatorio tiña forma de cilindro duns 59 cm de diámetro e 135 cm de longo. Do cilindro saían catro paneis solares que alimentaban unha batería de níquel-cadmio de 6 A-h de capacidade. Explorer 48 estabilizábase mediante un volante de inercia interno e un sistema de control por torque magnético co que poder apuntar o eixo da nave a calquera punto do ceo. O observatorio reentrou na atmosfera terrestre o 16 de abril de 1979.[1][2][3]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Explorer 48 |