Explorer 55 / AE-E / AE-5 | |
---|---|
Tipo | Científico |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 20 de novembro de 1975[1][2][3] |
Foguete portador | Delta 2910[2][4][5][6] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral[2][4] |
Obxectivo da misión | Estudo da atmosfera superior[2][4] |
Decaemento | 10 de xuño de 1981[1][2][4] |
NSSDC ID | 1975-107A |
Masa | 735 kg[2][4] |
Dimensións | Poliedro cun diámetro duns 1,4 metros.[2][4] |
Explorer 55, tamén denominado AE-E (Atmospheric Explorer E) e AE-5, foi un satélite científico da NASA pertencente á serie Atmosphere Explorer lanzado o 20 de novembro de 1975 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral a bordo dun foguete Delta 2910.[2][4][5][6]
A misión de Explorer 55 foi estudar os procesos procesos químicos e os mecanismos de transferencia de enerxía que controlan a estrutura e o comportamento da atmosfera terrestre e da ionosfera na rexión de máxima absorción de enerxía solar a latitudes próximas ó ecuador mentres que Explorer 54 (AE-D) estudaba as rexións polares e a latitudes altas. Explorer 54 fallou o 29 de xaneiro de 1976, sendo substituído por Explorer 51 para poder seguir facendo medidas simultáneas.[2][4]
O satélite era do mesmo tipo que Explorer 51 e usaba os mesmos instrumentos salvo o medidor de electróns de baixa enerxía e o detector de óxido nítrico no ultravioleta, que eran máis apropiados para facer medicións a latitudes altas e que foron substituídos por un espectrómetro de raios ultravioleta retrodispersados para medi-lo contido de ozono na atmosfera.[2][4]
Explorer 55 reentrou na atmosfera o 10 de xuño de 1981.[1][2][4]