A exuvia[1] é a cutícula ou cuberta exterior (exoesqueleto), abandonada polos artrópodos (insectos, crustáceos e arácnidos) tras a muda. A exuvia dun artrópodo pode ser ben útil para identificar a especie e tamén o sexo do animal.[2][3]
Non é sempre práctico estudar insectos, crustáceos ou arácnidos directamente; en ocasións é máis fácil recoller e estudar as súas exuvias coas que poden determinarse varios aspectos xerais do seu ciclo biolóxico, a súa distribución, número de individuos por sexo, poboacións presentes nun ecosistema etc.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Exuvia |