FR 1 / France 1 | |
---|---|
Integración de FR 1 | |
Tipo | Científico |
Organización | CNES |
Destino actual | Fóra de servizo.[1][2][3] |
Data de lanzamento | 6 de decembro de 1965, 21:05 GMT[1][4][5][6] |
Foguete portador | Scout X-4[1][3] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[1][2] |
Obxectivo da misión | Estudo da ionosfera terrestre.[1][2] |
NSSDC ID | 1965-101A |
Masa | 71,7 kg[1] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7049 km[4] |
Inclinación | 75,9º[4] |
Apoapse | 683,1 km[4] |
Periapse | 674,8 km[4] |
FR 1, coñecido tamén como France 1, foi un satélite artificial de Francia lanzado o 6 de decembro de 1965 mediante un foguete Scout X-4 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[1][2][3]
A misión de FR 1 foi estudar a ionosfera e a magnetosfera terrestres. Para iso levaba a bordo dous experimentos: un receptor de ondas VLF emitidas desde transmisores en terra e unha sonda para medir a densidade de electróns.[1][2][3]
O satélite está formado por dúas pirámides octogonais truncadas unidas pola base por un prisma octogonal, cunha lonxitude máxima de 68,6 cm de esquina a esquina e unha altura de 71,2 cm. A superficie do satélite estaba cuberta de células solares. Da base do satélite estendíase a sonda de electróns, de 48,3 cm de longo, e cara a arriba atopábase a antena para medir o campo magnético, de 71,2 cm de longo. Da base da antena estendíanse, en diagonal e cara a arriba, catro antenas para telemetría, e catro mastros de 198 cm de longo se estendían desde o corpo do satélite para medir o campo eléctrico. FR 1 estalizábase mediante xiro e contralaba a súa actitude mediante un sensor solar e tres magnetómetros de porta de fluxo. Non levaba grabadora de a bordo, polo que as observacións tiñan que facerse en tempo real. FR 1 estivo funcionando ata agosto de 1968.[1][2][3]