Os xentes infecciosos posúen unha gran variedade de factores de virulencia. Algúns forman parte do seu xenoma e son propios das bacterias, como as endotoxinas (lipopolisacárido), mentres que outros proveñen de elementos xenéticos móbiles, tales como os plásmidos e os bacteriófagos, como as exotoxinas. Os factores de virulencia codificados neses elementos xenéticos móbiles propáganse entre as bacterias por transferencia horizontal de xenes e poden facer que unha bacteria inofensiva se converta nun axente infeccioso. Unha bacteria como Escherichia coli O157:H7 tamén adquiriu a parte máis esencial da súa virulencia de elementos xenéticos móbiles. As bacterias gramnegativassegregan numerosos factores de virulencia na interface coa célula hóspede por medio do tránsito de vesículas a través da súa membrana externa para invadir a célula hóspede, nutrirse á súa expensa, e asegurar outras funcións de comunicación intercelular.
Numerosos axentes infecciosos converxeron a ter factores de virulencia similares para escapar ás defensas das células eucariotas. Estes factores de virulencia adquiridos compórtanse de dúas maneiras para garantir a supervivencia e o crecemento dos xermes:
favorecen a colonización do hóspede, como as adhesinas, as invasinas e os factores antifagocitarios; estes últimos protexen da fagocitose ;
a coagulase, segregada por diversos microorganismos, como certos S. aureus e Yersinia pestis, reacciona coa protrombina para formar estafilotrombina e converter o fibrinóxeno en fibrina no plasma sanguíneo, o que ten como efecto cubrir a bacteria cunha capa protectora que a protexe da fagocitose e outras accións do sistema inmunitario do hóspede ;
As bacterias gramnegativas responsables dunha sepse poden provocar unha intoxicación por endotoxinas despois dun tratamento con antibióticos polo efecto da liberación masiva de endotoxinas ao se destruíren os axentes infecciosos, o que pode orixinar un choque séptico.
As exotoxinas son toxinassegregadas por bacterias vivas, ao contrario que as endotoxinas, que se liberan despois da destrución das bacterias. A miúdo prodúcenas bacterias que á súa vez están infectadas por bacteriófagos. Compórtanse de diferentes maneiras:
a tetrodotoxina, producida por varias bacterias, que bloquea certas canles de sodio. Bacterias que a producen viven en simbiose con certos peixes tetraodontiformes e pasan a toxina aos seus tecidos, polo que comelos causa a enfermidade ou a morte.[18]
↑ 1,01,11,2Casadevall A, Pirofski LA (2009). "Virulence factors and their mechanisms of action: the view from a damage –response framework". Journal of Water and Health7 (Supplement 1): S2–S18. PMID19717929. doi:10.2166/wh.2009.036.