Far Ultraviolet Spectroscopic Explorer (FUSE) | |
---|---|
![]() Representación artística de FUSE. | |
Tipo | Observatorio espacial. |
Organización | NASA[1] |
Satélite de | Terra |
Data de lanzamento | 24 de xuño de 1999[2][3][4] |
Foguete portador | Delta II 7320[1][3][5] |
Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral[3][6] |
Obxectivo da misión | Observación astronómica no ultravioleta remoto.[3][6] |
NSSDC ID | 1999-035A |
Masa | 1400 kg[1][3] |
Dimensións | 7,6 m de longo.[3] |
Potencia | 520 vatios[3] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7130,1 km[2] |
Inclinación | 25 graos[2] |
Apoapse | 766,7 km[2] |
Periapse | 751,5 km[2] |
FUSE (acrónimo de Far Ultraviolet Spectroscopic Explorer), tamén coñecido como Explorer 77, é un observatorio espacial da NASA lanzado o 24 de xuño de 1999 mediante un foguete Delta II 7320 desde Cabo Cañaveral.[1][3][5]
FUSE é o satélite número 77 do programa Explorer. É un observatorio espacial adicado a observar no ultravioleta remoto, no rango de lonxitudes de onda entre 90,5 e 119,5 nanómetros, principalmente para obter espctros de alta resolución.[1][3]
O satélite ten unha lonxitude duns 7,6 metros de longo e leva catro telescopios coaliñados e cunha apertura de 39 cm x 35 cm.[3]
FUSE foi deseñado para ter unha vida operativa de tres anos, que foi ampliada posteriormente. Tódolos volantes de inercia do satélite foron fallando sucesivamente, ata que o último deixou de funcionar o 12 de xullo de 2007, impedindo un apuntado preciso dos telescopios e por tanto poñendo fin á misión científica.[3]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Far Ultraviolet Spectroscopic Explorer |