![]() ![]() | |
Nome orixinal | (ar) فاطمة عبد المحمود ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de xaneiro de 1944 ![]() Omdurman (Imperio Británico) ![]() |
Morte | 22 de xullo de 2018 ![]() Londres, Reino Unido ![]() |
Relixión | Islam ![]() |
Educación | Universidade Rusa da Amizade dos Pobos Universidade Columbia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | política, pediatra ![]() |
Partido político | Sudanese Socialist Union (en) ![]() ![]() |
Sitio web | fatimaabdulmahmoud.com ![]() |
Fatima Abdel Mahmoud, nada en Omdurmán en 1944 e finada en Londres o 22 de xullo de 2018, foi unha política sudanesa, líder da Unión Demócrata Socialista Sudanesa.[1] En 1973 foi unha das primeiras mulleres en ocupar un cargo político no Sudán. Presentouse ás eleccións xerais de 2010 como primeira muller candidata presidencial do país.[2]
Estudou medicina en Moscova nos anos 1960 e graduouse como pediatra.[2] En 1973 foi nomeada viceministra de Mocidade, Deporte e Asuntos Sociais. Este nomeamento, xunto co de Sayeda Nafisa Ahmed al Amin como membro do politburó do partido no goberno, a Unión Socialista Sudanesa, adquiriu notoriedade internacional nunha época na que as estimacións situaban o índice de alfabetización das mulleres no Sudán no 10 %.[3] Abdel Mahmoud desempeñou o seu cargo no Parlamento durante dez anos.
En abril de 2010, celebráronse no Sudán as primeiras eleccións plenamente disputadas (é dicir, as primeiras con candidatos de partidos da oposición) desde 1986. A candidatura presidencial de Abdel Mahmoud foi rexeitada en xaneiro de 2010 pola Comisión Electoral Nacional do Sudán, xunto coas doutros dous aspirantes, alegando que a súa campaña non conseguira obter os avais necesarios.[4] Abdel Mahmoud e os seus partidarios protestaron contra a decisión, que cualificaron de representativa dunha conspiración contra as mulleres. A súa candidatura foi reinstaurada por un tribunal de apelación antes dos comicios.[2]
Moitos partidos de oposición acabaron boicoteando as eleccións, ao considerar que estaban amañadas en favor do presidente Omar al-Bashir.[5] Ao final, Al-Bashir gañou as eleccións cunha ampla maioría. Pola súa banda, Abdel Mahmoud obtivo o 0,3 % do voto total.[6]
Abdel Mahmoud volveu presentarse nas eleccións xerais de 2015, onde obtivo un terceiro posto na elección presidencial e o seu partido quedou sen escanos na Asemblea Nacional.[7][8]
Abdel Mahmoud ocupou a Cátedra Unesco «Muller, Ciencia e Tecnoloxía».[9]