Biografía | |
---|---|
Nacemento | Az Zubayr, Iraq (en) ![]() ![]() |
Morte | 1831 ![]() A Meca, Arabia Saudita ![]() |
Relixión | Islam ![]() |
Actividade | |
Ocupación | alfaquí, muhaddith ![]() |
Profesores | Ibrahim ibn Jadid (en) ![]() ![]() |
Fatima bint Hamad al-Fudayliyya, coñecida tamén como Al-Shaykha al-Fudayliyya, finada na Meca en 1831, foi unha xurista[1] e estudosa dos hadith musulmáns.[2] É considerada unha das últimas eruditas dunha longa traxectoria de mulleres muhaddith.
Fatima bint Hamad al-Fudayliyya naceu a finais do século XII da era musulmá, e pronto destacou na arte da caligrafía e as ciencias islámicas. Tivo especial interese nos hadith, documentouse abondo en dito ámbito, recibiu diplomas de numerosos eruditos e logrou por méritos propios unha excelente reputación como muhaddith.
Foi tamén experta en fiqh (xurisprudencia islámica) e tafsir (interpretación do Corán).[1] Ás súas conferencias na Meca asistiron moitos muhaddith de sona, quen recibiron certificacións dela, entre eles, Umar al-Hanafi e Muhammad Salih.[2] Os eruditos que estudaron con ela enxalzaron a súa devoción, honradez e práctica do zuhd (ascetismo islámico). Foi, así mesmo, tida en alta estima pola fermosa caligrafía dos seus libros.[1]
Cara ao fin da súa vida estabeleceuse en Makkah (Exipto otomán), onde fundou unha valiosa biblioteca pública. Morreu en 1831 (Hijri 1247).[2]