![]() (2021) ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nome orixinal | Federico Nicolás Varela | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | (es) Federico Nicolás Varela Escudero ![]() 7 de maio de 1996 ![]() Buenos Aires, Arxentina ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,74 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 70 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2014 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Federico Nicolás Varela, coñecido futbolisticamente como Fede Varela, nado en Lanús o 7 de maio de 1996, é un futbolista galego-arxentino. Xoga como centrocampista no Phoenix Rising, do USL Championship dos Estados Unidos.
Nacido en Lanús, cidade do Gran Buenos Aires, xogou brevemente nas categorías inferiores de River Plate,[1] antes de trasladarse con nove anos a Galicia, onde viviu na vila lucense de Viveiro.[2] Xogou na canteira do Viveiro CF, onde comezou a destacar, sendo fichado polo Celta de Vigo. En 2014, aínda en idade xuvenil, abandonou o club celeste para fichar polo Stade Nyonnais suízo.[3]
Tras uns meses en Suíza, fichou en xaneiro de 2015 polo FC Porto,[4] incorporándose ao filial do club, co que disputou 70 partidos e marcou 16 goles. Na tempada 2017/18 foi cedido ao Portimonense, co que debutou na Primeira Liga.[5] Disputou 12 encontros, 6 deles como titular, rematando a liga na 10ª posición.
En xullo de 2018 chegou cedido ao Rayo Majadahonda, que acababa de ascender á Segunda División.[6][7] Debutou co equipo de Antonio Iriondo na primeira xornada da tempada 2018/19, contra o Zaragoza na Romareda, e xogou un total de 39 encontros, marcando 3 goles. O equipo madrileño acabou descendendo.
En xullo de 2019 foi traspasado ao Leganés, da Primeira División, co que asinou por dúas tempadas.[8] Con todo, non chegou a debutar co equipo en liga (xogou só un partido de Copa do Rei), e en xaneiro saíu cedido á UD Las Palmas ata o final da tempada.[9] No equipo de Pepe Mel xogou 18 partidos e marcou un gol.
O 19 de setembro rescindiu o seu contrato co Leganés e asinou por dous anos co Denizlispor turco.[10] Alí xogou 7 partidos da Süper Lig e un de Copa.
En xaneiro de 2021 rescindiu o seu contrato co club turco e uns días despois asinou co CSKA de Sofía.[11] Co equipo búlgaro, adestrado por Lyuboslav Penev, proclamouse campión da Copa de Bulgaria.[12] En decembro de 2022 marchou aos Estados Unidos, onde asinou como novo xogador do Phoenix Rising, do USL Championship, a segunda categoría do fútbol estadounidense.[13]